Acceso fácil e seguro a todo o teu contido

Garda e comparte ficheiros e cartafoles, e colabora neles, desde calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador

Báner
Icona

O teu contido estará protexido, será privado e non se usará para mostrarche anuncios personalizados

Grazas á encriptación que che ofrece Drive, poderás acceder de forma segura aos teus ficheiros. Como medida preventiva, os ficheiros compartidos contigo analízanse en busca de software malicioso, spam, ransomware ou contido que se poida considerar phishing. No caso de que se detecte algún deses elementos, quitaranse. Drive é unha aplicación nativa deseñada para usarse na nube, o que significa que os teus dispositivos correrán menos riscos porque non hai necesidade de usar ficheiros almacenados localmente.

Báner
Icona

Aplicacións deseñadas para colaborar na nube que elevarán o traballo en equipo á máxima potencia

Drive intégrase sen problemas con Documentos, Follas de cálculo e Presentacións, todas elas aplicacións nativas deseñadas para usarse na nube que lle permiten ao teu equipo colaborar da forma máis eficaz en tempo real. Poderás crear e compartir contido desde o primeiro día sen necesidade de migralo desde outras ferramentas.

Báner
Icona

Compatibilidade coas ferramentas e aplicacións que usa o teu equipo

Drive complementa a tecnoloxía que adoitedes utilizar ti e mais o teu equipo e intégrase perfectamente con ela. Tedes que colaborar en ficheiros de Microsoft Office? Non hai problema! Non será necesario facer ningunha conversión de formato. Ademais, poderedes editar e almacenar outros tipos de ficheiro (máis de 100 tipos diferentes!), entre os que se inclúen ficheiros PDF, CAD ou de imaxe.

Báner
Icona

Rapidez e dilixencia grazas á IA e á tecnoloxía de busca de Google

Drive conta coas potentes funcións de busca de Google, o que se traduce en velocidade, rendemento e fiabilidade incomparables á disposición dos usuarios. A función Prioridade, entre outras, fai uso da intelixencia artificial para predicir que contido buscas e destacar o máis relevante. Unha axudiña que alixeirará as buscas do equipo (poden chegar a ser ata un 50 % máis rápidas!).

Báner

Utiliza Drive en calquera dispositivo

Drive funciona nas principais plataformas. Cousa de coser e cantar: traballa desde navegadores, dispositivos móbiles, tabletas e ordenadores.

Milleiros de equipos xa cambiaron a súa forma de traballar grazas a Drive

Icona Icona Icona Icona Icona

Os usuarios prefiren Drive a outros produtos da competencia

Fonte: G2.com, Inc., febreiro de 2020

4,7

4,3

4,2

4,2


Drive é compatible coas ferramentas que usa o teu equipo

Comecemos!

Icona

Uso persoal

Poderás gardar os teus ficheiros e cartafoles, compartilos e acceder a eles desde calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador. Os primeiros 15 GB de almacenamento son gratis.

Icona

Uso para equipos

Contaredes cunha plataforma segura deseñada para permitir a colaboración na nube: o traballo en equipo será máis dinámico e resultaravos máis fácil compartir ficheiros, almacenalos e acceder a eles.

Icona

Uso empresarial

Mantén protexidos os datos da túa empresa grazas ao centro de seguranza, á función de prevención de perda de datos e á posibilidade de usar Vault para eDiscovery e arquivos.

Recursos