Toma decisións a partir dos datos en Google Sheets
Crea follas de cálculo en liña e colabora nelas en tempo real desde calquera dispositivo.
Colabora nos datos desde calquera lugar
A facilidade para compartir as follas de cálculo en liña e a posibilidade de editalas en tempo real fan que sexa máis sinxelo establecer un baremo empírico para validar os datos. Usa os comentarios e asigna elementos de acción para que a análise sexa máis fluída.
Accede ás estatísticas con máis rapidez grazas á intelixencia integrada
As funcións asistenciais, como Completado intelixente e as suxestións de fórmulas, axúdanche a facer análises máis áxiles e con menos erros. E para obter estatísticas rapidamente, só tes que facer preguntas sobre os teus datos nunha linguaxe sinxela.
Conéctate sen problemas a outras aplicacións de Google
A conexión de Sheets con outras aplicacións de Google que che gustan deseñouse con esmero para que aforres tempo. Serache moi doado analizar os datos de Google Forms en Sheets ou inserir os gráficos de Sheets en Google Slides e Docs. Tamén podes responder a comentarios directamente desde Gmail e presentar comodamente follas de cálculo en Google Meet.
Usa as funcións intelixentes e de colaboración tamén cos ficheiros de Excel
Edita en liña de forma sinxela as follas de cálculo de Microsoft Excel sen ter que convertelas e tira proveito das funcións melloradas asistenciais e de colaboración que ofrece Sheets (como comentarios, elementos de acción e Completado intelixente).
Crea solucións personalizadas
Crea aplicacións empresariais e procesos automatizados para acelerar os fluxos de traballo. Utiliza AppSheet para crear aplicacións personalizadas a partir de Follas de cálculo sen ter que escribir código. Tamén tes a opción de engadir funcións personalizadas, elementos de menú e macros con Apps Script.
Traballa sempre con datos actualizados
Con Follas de cálculo, todo o mundo pode traballar na última versión dunha folla de cálculo. E como as modificacións se gardan automaticamente no historial de versións, é doado controlar os cambios, desfacelos ou ver o historial de edición da cela dunha folla de cálculo en particular.
Conéctate sen problemas a datos importantes
Incorpora e analiza datos desde outras ferramentas que utilices, como os datos dos clientes desde Salesforce. Os clientes de empresa tamén poden utilizar follas conectadas para analizar milleiros de millóns de filas de datos de BigQuery en Follas de cálculo sen necesidade de escribir código ningún.
Seguranza, cumprimento de normativas e privacidade
Seguranza como valor predeterminado
Empregamos medidas de seguranza líderes no sector para salvagardar os teus datos, como ferramentas de protección avanzadas contra o software malicioso, por exemplo. Ademais, Follas de cálculo é unha aplicación nativa deseñada para usarse na nube, o que significa que os teus dispositivos correrán menos riscos porque non hai necesidade de usar ficheiros almacenados localmente.
Encriptación en tránsito e en repouso
Todos os ficheiros que se cargan en Google Drive ou que se crean en Follas de cálculo dispoñen de encriptación en tránsito e en repouso.
Garantía de cumprimento de normativas e regulamentos
Os nosos produtos (tamén Follas de cálculo) sométense periodicamente a procesos independentes de control para comprobar a seguranza, privacidade e cumprimento das normativas que ofrecen.
Privacidade como valor engadido
Follas de cálculo cumpre cos mesmos sólidos principios respecto da privacidade e protección de datos que o resto dos servizos empresariais de Google Cloud.
Ti controlas os teus datos.
Nunca utilizamos o teu contido de Follas de cálculo con fins publicitarios.
Nunca lles vendemos a túa información persoal a terceiros.
Escolle o plan que máis che conveña
Follas de cálculo de Google forma parte de Google Workspace
Todos os plans inclúen
Para uso persoal (sen custo) |
Business Standard$12 USD
ao mes por usuario, con 1 ano de permanencia Ou $14.40 ao mes por usuario coa facturación mensual
|
|
---|---|---|
Documentos, Follas de cálculo, Presentacións e Formularios
Creación de contido |
||
Drive
Almacenamento na nube seguro |
15 GB por usuario |
2 TB por usuario |
Unidades compartidas para o teu equipo |
||
Gmail
Correo electrónico seguro |
||
Correo electrónico de empresa personalizado |
||
Meet
Chamadas de voz e videoconferencias |
100 participantes |
150 participantes |
Almacenamento en Drive das gravacións das reunións |
||
Administración
Administración centralizada |
||
Controis da política de seguranza baseados en grupos |
||
Servizo de atención ao cliente |
Autoservizo en liña e foros comunitarios |
Servizo permanente de asistencia en liña e foros comunitarios |
Colabora desde calquera lugar, co dispositivo que sexa
Crea e edita follas de cálculo, e accede a elas, onde queira que esteas e desde calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador (mesmo sen conexión!).
Aforra traballo cos modelos
Elixe entre unha variedade de paneis de control, documentos de seguimento de proxectos e outros modelos de deseño profesional para poñerte en marcha rapidamente.
Visita a galería de modelos de Follas de cálculo para ver máis.