As fotos do pasado déixanse cativar polo escáner do futuro.

Escanea fotos en segundos
Non te limites a facer unha foto dunha foto. Crea escaneamentos dixitais mellorados, con detección de bordos automática, corrección da perspectiva e xiro intelixente.

Foto perfecta e sen brillos
PhotoScan reúne múltiples imaxes para quitar os brillos e mellorar a calidade dos teus escaneamentos.
Organízate ben con Google Fotos
Fai unha copia de seguranza dos teus escaneamentos coa aplicación Google Fotos para gardalos de modo seguro e que se poidan buscar e organizar mesmo segundo as persoas e as cousas que conteñen. Ademais, dálles vida con películas, filtros e controis de edición avanzados.
